Para asedar o liño, pasando as estrigas polos dentes, separando así o liño da estopa
Descrición
Ferramenta formada por unha táboa de madeira, plana e alongada, de forma rectangular, con dous recortes triangulares na parte central dos lados longos. No centro da táboa leva un taco cadrado de madeira, cos laterais forrados cunha lámina de ferro e provisto dunha serie de dentes de ferro de punta moi fina.