Roca formada por unha vara longa e delgada de madeira, de sección circular, co extremo superior rematado en punta. Na parte superior leva o `recó`, feito cunha serie de pequenas tiras de cana formando tres pezas ovoides.
Notas de recollida, ao redor da vara, manuscrito con bolígrafo negro: ROCA PROCEDENTE DO LUGAR DE LAMEIRO (BARCALA). DOATIVO: GARCÍA ANTELO.