Lámpada portátil de lata formada por un depósito para o combustible de forma troncocónica, coa cara superior redondeada, onde leva dúas bocas cilíndricas con tapa de encaixar: unha para encher o depósito e outra con biquelo para a mecha. O depósito vai sobre un alto fuste cilíndrico, lixeiramente torcido, que se apoia nunha base troncocónica, cunha moldura na parte baixa. Na parte media do fuste, leva unha asa disposta verticalmente.