Manto de crespón de seda de cor amarelo ouro, feito dunha soa peza de forma cadrada. Remata nos catro lados con dobra e flocos superpostos, facendo labor de rede e logo soltos. Vai adornado con bordados florais en cores azul, rosa, verde e amarela: unha cenefa todo ó redor e dous debuxos de esquina, nunha un debuxo floral e na oposta un pavo real entre flores; o resto, flores salpicadas.