Lámpada portátil para alumear en interiores, pero especialmente en exteriores por estar provista dunha caixa de vidro que impide que o aire apague a chama.
Descrición
Caixa rectangular de lata coas paredes de cristal, unha delas con bisagras, facendo de porta e con dous aros horizontais de lata en cada unha das paredes, para protexelas dos golpes. Na parte superior leva un oco circular central, por onde se evacúa o fume; das catro esquinas, saen catro láminas curvas de lata que suxeitan unha lámina circular co borde rizado que dispersa os fumes. Remata nunha asa circular. Falta o candil interior.