Para asedar o liño, pasando as estrigas polos dentes, separando así o liño da estopa
Descrición
Ferramenta formada por unha táboa de madeira de forma alongada que leva, preto do extremo inferior un taco cadrado de madeira, cos laterais forrados cunha lámina de ferro e provisto dunha serie de dentes de ferro de punta moi fina. A táboa vai recortada en molduras rectas e curvas formando unha sucesión de formas xeométricas: un círculo, un cadrado (onde van cravados os dentes), un ovalo alongado e un semicírculo.