Peza de madeira torneada de forma cónica, co extremo superior rematado en punta, onde leva inserida unha pequena peza de madeira torneada pintada de cor vermello. No extremo máis ancho leva unha arandela postiza de madeira, pintada de cor vermello e suxeita cunha punta, rematando no extremo inferior en forma de cono. Vai decorado con liñas pintadas de cor negro e vermello.