Colección Museo do Pobo Galego

  

001612

Sapo. Cruceta. Aderezo
1870 - 1910

Características:


Medidas:

8 cm
4.20 cm
cm
0.90 cm

cm
cm
gr
Outras medidas:
Complemento feminino

Descrición

Colgante de tres corpos en diminución, unidos por intercorpos con pasador laminar, e cunha lingüeta vertical de suspensión no reverso do primeiro corpo. O corpo superior ten forma de 3/4 de círculo e está formado por fíos de prata debuxando pétalos alongados que rematan no borde en pequenas flores de botón central e pétalos de filigrana; o central é en forma de lazo e o inferior de forma triangular, ambos formados por láminas de prata domeadas en volutas. Os tres corpos levan casquete semiesférico central en resalte, adornado cunha flor de botón central e pétalos de filigrana. Van adornados con pequenas flores de filigrana formando unha fila no borde do corpo superior e salpicadas nos corpos restantes. Os remates superior e inferior do colgante levan unha flor de 5 e 6 pétalos calados respectivamente, con flor de filigrana no centro.

Ingreso e redación:

Depósito
16/05/1979
Depósito/privada
Seminario de Estudos Galegos
Manuel Rodríguez Calviño
Manuel Rodríguez Calviño
Rosa Mª Méndez García
Belén Sáenz-Chas Díaz
1986 / 1995

Conservación:

Bo

Historia


Expo:


Biblio

Fraguas, N. (2014): As xoias e o seu reflexo. Pontevedra: Museo de Pontevedra
Martínez Vilanova, F. (2011): A ourivería tradicional en Galicia. Pontevedra: Deputación Provincial
Fernández González, Mª del R. (2009) Ourivería civil. En Xoias tradicionais do Museo Provincial de Lugo, vol. 2. Lugo: Deputación Provincial
Abreu, A.A. (2008): Visita á Galiza do ouro que adorna a mulher vianense. Viana do Castelo: Câmara Municipal

O nome máis empregado polas informantes e xente de máis idade é o de ADEREZO entendido como conxunto que forman o par de pendentes e o colgante sobre o peito. Aínda que o termo SAPO procede do folclore, segue a ser a verba que mellor identifica estas pezas. Esta acepción non aparece recollida no DRAG. No Val de Vea, na Estrada, denomínase a esta xoia CRUCETA, independentemente da súa forma