Colección Museo do Pobo Galego

  

001122

Dengue
1870 - 1900

Características:


Medidas:

99 cm
cm
cm
cm

cm
cm
gr
Outras medidas:
Feminina, busto

Descrición

Dengue de veludo negro de varias pezas, asentadas sobre unha base de pano de la da mesma cor, formada por cinco pezas, unha central máis ancha e de forma redondeada, e catro pezas que forman os laterais. O perímetro da peza está rematado con unha tira de barbilla de algodón algo deteriorada. Agás a zona da caluga, o perímetro está decorado con agremán de cordón e abelorios bordados ao aire, conservada só en algunhas zonas. Na parte central leva un recorte en forma de media lúa, quedando o pano de la de fondo á vista, e co borde decorado agremán de cordón superposta. En cada extremo ten un par de corchetes no interior para abrochar, e no exterior, un peche de prata con forma de flor de seis pétalos con filigrana no centro; un deles era en forma de gancho (está roto) e o outro leva inserida unha cadea de 11 elos.

Ingreso e redación:

Depósito
16/05/1979
Depósito/privada
Seminario de Estudos Galegos
Belén Sáenz-Chas Díaz
Belén Sáenz-Chas Díaz
Manuel Rodríguez Calviño
2002

Conservación:

Regular
Conserva só parte da pasamanería do borde exterior. Barbilla do remate rota en partes.

Historia


Expo:


Biblio

Fraguas Fraguas, A. (1985): El traje gallego. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza