Capa de pano de cor marrón con forro, na parte dianteira, de brocado da mesma cor. Está formada por unha peza acampanada, de forma semicircular nas costas e con dúas prolongacións trapezoidais no dianteiro; na parte superior leva superposta unha capelina máis corta, cosida no escote. Escote dianteiro despegado en V e traseiro pechado e moi pregado. Abertura total dianteira pechada no escote cun broche prateado con cadea. Vai toda reberetada cun rodo de veludo de cor negro.