Mantelo de pano marrón feito de tres pezas. O cintal e perímetro van rematados con tira de barbilla de algodón. En cada extremo do cintal ten un peche de prata con forma de cuncha de vieira, un deles con remate de gancho e outro rematado en anela cadrada, con unha cadea inserida de cinco elos circulares. Está decorado con un ancho rodo de veludo negro en tres dos catro lados, e paralelo a este unha tira de agremán só de cordón (sen vidro) debuxando unha grilanda de follas.