Pano feito dunha soa peza de forma cadrada, rematada nos catro lados en dobra e con flocos superpostos de cor negro, facendo labor de rede e logo soltos. Vai todo tecido con motivos xeométricos e vexetais estilizados, dispostos simetricamente, cunha gran roseta central e con palmetas nas catro esquinas. Polo anverso, os motivos decorativos son en cores dourado, vermello e negro, e polo reverso, en dourado e negro.