Peza de madeira torneada de forma cónica que leva inserida no vértice superior unha longa peza de metal, o `baínzo` coa punta torneada de forma helicoidal, a xeito de parafuso. No extremo máis ancho leva unha pequena arandela postiza de hasta, suxeita cunha punta, rematando no extremo inferior en forma de troncocónica. Vai decorado con liñas pintadas de cor negro.