Par de madroñas feitas, cada unha delas, dunha soa peza de madeira. Levan tres estreitos tacóns, un na parte traseira e dous na dianteira, tapa de escaso desenvolvemento cubrindo só a parte dianteira do pé, boca con tendencia rectangular, cos laterais rectos, e punta roma. Van pintadas de cor negro pola parte exterior e levan decoración incisa, a base de liñas oblicuas entrecruzadas, na tapa e dous pares de pequenos aros metálicos