Zocas do número 11, feitas dunha soa peza de madeira. Levan tacón ancho e acusado, tapa pechada cubrindo gran parte do pe, boca ovalada, cos laterais moi rebaixados, e punta aguzada.
Autor, na planta de ambas zocas, manuscrito: José Elias Procedencia, na planta da zoca dereita, manuscrito: 1978 / Feira de Mondoñedo Número, na planta de ambas zocas, manuscrito: 11
As zocas foron rexistradas en 1978 no primeiro libro de rexistro coa súa procedencia, pero sen datos de ingreso. No segundo libro, en agosto de 1985, rexistráronse como doazón do autor, pola anotación que ten na parte inferior, pero non hai constancia por escrito de que fora así. As anotacións seguramente sexan de Salvador García Bodaño que en 1978 mercou varias pezas para a colección do Museo, segundo se detalla nun recibo asinado por el o 28 de xuño de 1978. Polo tanto, as pezas son compra.
Expo:
1984. VII Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Silleda 2006. San Froilán, culto e festa. Xacobeo. Praza de Angel Fernández Gómez, Lugo
Biblio
Lorenzo Fernández, X. (1962): Etnografía: Cultura Material. En Historia de Galicia, vol. 2. Bos Aires: Nós
Modificar datos
¿Te gustan las cookies? 🍪 Nosotros usamos cookies para asegurarnos que tienes una mejor experiencia en nuestro sitio web. Leer más