Sombreiro de feltro de la de cor negra, de ampla copa semiesférica e escasa aba cos lados máis longos lixeiramente domeados cara arriba. O forro é de satén de cor beixe e, na unión da copa coa aba, leva unha ancha tira de coiro. Como adorno, leva unha cinta de satén negra, facendo unha falsa lazada na base da copa e unha cinta igual no extremo da aba.
Marca de fábrica, na tira de coiro, estampada en dourado: FABRICACIÓN ESPECIAL / DE SOMBREROS / DE FIELTRO / FERNÁNDEZ Y ROCHE / S.A. / SEVILLA Talle, na tira de coiro, pegatina impresa: 6 3/4 / 55 Casa comercial, na tira de coiro, estampada en dourado: Rius / SANTIAGO Casa comercial, no forro de raso, estampado en vermello; MARCA REGISTRADA 13589 / RIUS / Santiago Marca de propiedade, na tira de coiro, placas metálicas con iniciais gravadas: J. V.