Feminina, busto, interior, para levar por riba do corsé e por debaixo da chambra.
Descrición
Cubrecorsé de lenzo de algodón de cor branca, con escote despegado en V, sen colo nin mangas. Abertura total dianteira, pechada con botóns (8). Corpo moi axuntado, con catro dobras no dianteiro e cinco nas costas. O escote vai adornado cunha sucesión de tiras bordadas e puntillas superpostas; nos escaves leva superposta unha puntilla.