Mandil de pano meiriño de cor negra, feito dunha única peza rectangular, cos ángulos inferiores redondeados e co lado superior pregado na parte central con táboas moi pretas que se distribúen de esquerda á dereita. As táboas van recollidas por unha estreita cinturiña que leva, cosidas nos extremos, dúas cintas negras de algodón para atalo. Vai adornado cun rodo de veludo negro todo ao redor e cunha banda na parte baixa, partindo o mandil. Nas esquinas inferiores leva decoración pespuntada, facendo liñas curvas. Leva tres bandas horizontais de agremán da feira, deterioradas, unha sobre as táboas da cintura e as outras dúas a ambos lados da tira de veludo que parte o mandil
Chaqueta que xunto co mantelo (R. 11500) e a vasquiña (R. 11501) conforman o traxe de Manuela Puente natural do lugar de Barazás en Santa Cristina de Vea e que levou a Baloira cando casou.