Sombreiro de copa alta, plana na parte superior, e aba moi estreita lixeiramente levantada polos lados longos. Esta feita dun tecido de algodón engomado e endurecido con goma laca, forrado polo exterior con felpa de seda negra e no interior con satén de cor beixe. Na base da copa leva polo exterior unha cinta de pano de la negro e no bordo unha cinta de alpaca. Polo interior, na boca do sombreiro, unha ancha banda de pel de cor beixe.
Marca de fábrica, no fondo da copa, impreso: HOWARD / DAVISON / & Cº / VICTORIA STREET / PICCADILLY / LONDON / TRADE MARK Casa comercial, no fondo da copa, impreso: Antonio Rius / 8 - RUA DEL VILLAR - 10 / SANTIAGO Casa comercial, na banda de pel, impreso: Rius / SANTIAGO Marca de propiedade, en dúas chapas metálicas cosidas á peza de pel, gravado: J V
GALVÁN Y HERNÁNDEZ, R. (1872) Manual teórico-práctico para uso y enseñanza del aprendiz de sombrerero. Madrid: imprenta a cargo de J. Velada (Ed. Facsímil, Editorial Maxtor, 2011)
Modificar datos
¿Te gustan las cookies? 🍪 Nosotros usamos cookies para asegurarnos que tienes una mejor experiencia en nuestro sitio web. Leer más