Calzado para a neve formado por dous elementos diferentes: raquetas ou marañois e as zocas ou galochas. Os marañois son unhas raquetas circulares, formadas por un aro de pau de abeleira que leva, no sentido do diámetro, dúas correas vexetais sobre as que repousa a zoca ou galocha. Esta vai suxeita ao pau por medio duns arames; leva ademais unhas cordas para amarralo á perna. As zocas son de madeira de nogueira (?), feitas dunha soa peza con tacón ancho, moi desgastado, tapa de gran desenvolvemento, cubrindo gran parte da empeña do pe, boca oval con laterais case rectos e punta roma. Van decoradas na tapa con motivos xeométricos incisos. A sole vai reforzada con goma. As zocas pódense soltar dos marañois e utilizalas por separado.
José Barrero Pérez é autor dos marañois, que faría ao redor dos anos 80; as zocas son moito máis antigas
Expo:
Biblio
González Pérez, C. (1991): Aproximación etnográfica á cultura material da montaña lucense: notas históricas e situación presente. En: Antropología y Etnografía de las proximidade de la Sierra de Ancares, vol. II. Lugo: Deputación Provincial Fernández González, J.R. (1978): Entografía del Valle de Ancares. En Verba, anejo 10. Universidade de Santiago de Compostela, pp. 95-220
En Fernández González denomínanse BARALLOIS; En González Pérez, MARAÑOIS. Ningún dos dous termos están recollidos no diccionario da RAG
Modificar datos
¿Te gustan las cookies? 🍪 Nosotros usamos cookies para asegurarnos que tienes una mejor experiencia en nuestro sitio web. Leer más