Vasquiña de pano de la de cor negra feita de varias pezas cosidas entre si formando un semicírculo. Leva abertura total traseira, montando un extremo sobre o outro. O cintal vai rematado cunha cinta de barbilla de cores que se prolonga nos extremos para atar. Marcando o centro do cintal, leva cosida sobre o pano unha anaco da mesma barbilla. Na parte da cintura leva unha lorza horizontal e catro máis na parte baixa. Sobre as lorzas da parte baixa, e ó longo de toda a peza, leva superpostas unha tira de veludo, unha de satén (moderno) e outra de veludo (moderno); na lorza inferior leva anacos de veludo alternando con abelorios cosidos sobre o pano e configurando flores. No interior, leva un rodo de pano vermello no borde inferior en un lateral.
1992. Artestrada. II Mostra de Artesanía Popular Galega. A Estrada. 1991. Últimas adquisicións, depósitos e doazóns. Museo do Pobo Galego
Biblio
Fraguas Fraguas, A. (1985): El traje gallego. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
En 1991 rexistráronse catro pezas baixo o mesmo número de rexistro, o 3017 e co nome Traxe feminino. En 2002 Manuel Rodríguez Calviño, especialista en indumentaria galega e que estaba facendo no Museo a Prestación Social Sustitutoria, dividiu o rexistro en diferentes números, deixando o 3017 para o mandil e dándolle nova numeración (8030-31-32) ao resto das pezas: pano, dengue e vasquiña.
Modificar datos
¿Te gustan las cookies? 🍪 Nosotros usamos cookies para asegurarnos que tienes una mejor experiencia en nuestro sitio web. Leer más